Olimpíada Matemática de 2ºESO
Entre as actividades máis consolidadas que organiza a Asociación Galega do Profesorado de Matemáticas (AGAPEMA) figura a Olimpíada Matemática de 2ºESO (https://www.agapema.org/olimpiada), a través da cal se pretende promover o gusto pola resolución de problemas matemáticos e o desenvolvemento de destrezas de pensamento ligadas ás matemáticas que non sempre son atendidas nas aulas ordinarias. Nos últimos anos, a organización da Olimpíada recaeu no grupo de AGAPEMA da zona de Lugo. Nel participan algúns teselad@s. Outras colaboran en Santiago na organización da fase de zona.
Aínda que na edición de 2021 non foi posible devido ás restricións sanitarias, para a fase final habitualmente organízase unha dobre xornada: pola mañá celébrase a proba de resolución de problemas no Círculo das Artes de Lugo e pola tarde (logo dunha comida para confraternizarmos) o alumnado participante desfruta dalgunha actividade lúdico matemática, ao estilo dun paseo matemático ou unha xincana matemática.
O alumando participante con mellor desempeño na fase final é seleccionado para participar despois na fase estatal, que se celebra cada ano nunha cidade española.
Na web de AGAPEMA (https://www.agapema.org/olimpiada) poden descargarse os problemas dos últimos anos e as súas solucións.
Olimpíada Matemática de 2ºESO 2022
Fase de zona en Lugo, Círculo das Artes
Olimpíada Matemática de 2ºESO 2021
Fase final, Círculo das Artes
Fase de zona en Lugo, Círculo das Artes
Olimpíada Matemática de 2ºESO 2019
Fase final, Círculo das Artes
Fase final, Alumnado participando na xincana matemática
Fase final, Entrega de premios
Fase de zona en Lugo, Círculo das Artes