Roteiro matemático por Santiago de Compostela

O 23 de marzo de 2022, o alumnado do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da materia Análise Didáctico da Xeometría, da Medida de Magnitudes, da Probabilidade e da Estatística realizou una práctica de campo nas rúas de Santiago de Compostela. A saída consistiu nun roteiro que incluíse diferentes paradas nas que o alumnado debía deseñar diferentes actividades matemáticas. En particular, o roteiro contou coas seguintes paradas e actividades:

1. Praza de San Martiño:

Obter o centro e os focos da elipse que se atopa fronte á Igrexa de San Martiño Pinario.

    Medir a altura dun dos edificios da praza mediante o método dos espellos.

    2. Praza do Obradoiro:

      Achar a  altura dunha das estatuas do edificio do concello mediante o método das sombras.

        Empregar o Teorema de Tales para calcular a distancia ata un obxecto (por exemplo, se estamos nunha beira dun río e queremos calcular a distancia que hai ata outro obxecto na outra beira; no caso da praza, simulouse a presenza dese “río” mediante una das ringleiras de pedras do chan da praza).

        3. Praza de Praterías:

            Cálcular o volume da fonte da praza.

            Cálcular a altura dun dos cabalos da fonte: aplicación do Teorema de Pitágoras.