Varias das teselad@s, na súa calidade de membr@s da Asociación Galega do Profesorado de Matemáticas (AGAPEMA) (https://www.agapema.org), colaboran habitualmente na organización de distintas actividades que organiza a asociación nas zonas de Santiago e Lugo.
Unha delas é o Rebumbio Matemático (https://www.agapema.org/rebumbio), unha proposta aberta ao alumnado de 6º de Educación Primaria e centrada na resolución cooperativa de problema, que pretende contribuír á mellora da ensinanza e aprendizaxe da matemática a través do contacto que implica cos centros de ensino. Desenvólvese en tres fases:
- Na fase de centro, cada docente pon en marcha na súa clase ou clases un proceso cooperativo de resolución de problemas no que participa todo o alumnado, e tras o que debe conformar un equipo de tres estudantes en cada aula para que acuda á seguinte fase.
- Na fase de zona, cada equipo participante, que debe adoptar un nome relacionado coas matemáticas, trata de resolver de xeito cooperativo os distintos problemas matemáticos que se lle formulan.
- Finalmente, os equipos con mellor desempeño en cada zona, participan na fase final resolvendo novos retos matemáticos.
O GIDEM-TESELA colabora no desenvolvemento das fases de zona de Santiago e Lugo, que se celebran na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) e no Círculo das Artes, respectivamente.
Na web de AGAPEMA poden consultarse os problemas das últimas edicións e as súas solucións:
Rebumbio Matemático 2022
Fase de zona en Santiago (Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte)
Fase de zona en Lugo (Círculo das Artes)
Rebumbio Matemático 2021. Fase de zona en Santiago (Colexio Manuel Peleteiro)
Rebumbio Matemático 2019. Fase de zona en Santiago (Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte)