thumbnail_unión europea

OBXECTIVO

O proxecto EAMARE-STEAM ten como obxectivo investigar a ensinanza e
aprendizaxe das matemáticas nun determinado sector da poboación, os
adolescentes en risco de exclusión social. Este obxectivo principal
focalízase en dous eixes: (a) o proceso de aprendizaxe das matemáticas
dos adolescentes en risco de exclusión social e os principais
factores/indicadores que inflúen nesta aprendizaxe; e (b) a formación do
profesorado de matemáticas e educadores sociais a partir do deseño de
pautas para orientalos cara á intervención educativa con este grupo de
adolescentes.

FASES

En particular, o proxecto comprende tres fases secuenciais: 

  1. Caracterizar a aprendizaxe das matemáticas
  2. Deseñar unha guía de intervención docente de actividades STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) baseadas nos resultados da Fase 1
  3. Implementar e validar esta guía de intervención docente.

INSTITUCIÓNS PARTICIPANTES

Este proxecto recibiu fondos do FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ _Proyecto EDU2017-84979-R.