Os días 14 e 16 de febreiro de 2022, o alumnado do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da materia Análise Didáctico da Xeometría, da Medida de Magnitudes, da Probabilidade e da Estatística realizou dúas prácticas de papiroflexia, arte tamén coñecida como origami, na aula. O obxectivo das prácticas era que o alumnado recoñecese as seguintes utilidades que pode ter omemprego da papiroflexia na aula:
- Proporciona ao profesoradounha ferramenta pedagóxica que lle permite desenvolver diferentes contidos, no só conceptuais senon tamén de procedemento. Algúns destes conceptos poden ser as rectas, os ángulos, a suma de ángulos dun triángulo, a interseción de alturas, as mediatrices, as bisectrices, a representación de identidades alxebraicas, a construción de polígonos, as simetrías, a construción de poliedros e as áreas equivalentes, entre outras.
- Axuda a traballar a psicomotricidade e a percepción espacial.
- Mellora a destreza manual, a exactitude na realización do traballo e a precisión manual.
- Relaciona as matemáticas con outras disciplinas como as artes.
- Motiva ao alumnado a a ser creativo, xa que pode desenvolver os seus propios modelos e investigar conexións tanto na xeometría plana comon a espacial.



