CAMIÑANDO XUNT@S 2022
19 de abril de 2021, co alumnado de 2º curso do Grao en Mestre/a de Educación Primaria da Facultade de Formación do Profesorado
Despois do parón da semana santa, volvimos un ano máis ao noso tramo do Camiño Francés (Barbadelo–Portomarín) coa intención de amosar a potencialidade da contorna próxima para desenvolver aprendizaxes en contexto de maneira interdisciplinaria, abordando o percorrido e algúns puntos singulares dende unha óptica matemática e socio-científica. A xornada comezou na Igrexa de Barbadelo, onde Paco Lestegás aproveitou o enclave para achegar unha visión actual da Educación en Paisaxe e para destacar os elementos artísticos singulares da igrexa. Unha vez rematada a etapa, e despois dun bo xantar, visitamos Portomarín. Alí, ademais de contarmos con Moncho Veiga para falarnos da historia da vila, acompañounos Víctor Pollán para amosarnos a súa Mirada Matemática á Igrexa de Portomarín. A vesica piscis gañou parte da súa atención…




