COÑECE AO NOSO EQUIPO

TERESA FERNÁNDEZ BLANCO 

Profesora Titular de Universidade da Área de Didáctica da Matemática na Facultade de Ciencias da Educación (USC). Graduada en Matemáticas (USC). Doutora en Matemáticas (USC). Máster en Métodos numéricos en ecuaciones en derivadas parciales. Aplicacións na enxeñería e Máster en Didáctica das Ciencias Experimentais e da Matemática. Investigadora principal do proxecto de I + D + I do Programa estatal de investigación, desenvolvemento e innovación orientado aos retos da sociedade. EDU2017-84979-R, titulado Enseñanza y aprendizaxe de las matemáticas en adolescentes en riesgo de exclusión. Intervención docente a través de las STEAM. Colabora en varios proxectos nacionais e internacionais en educación matemática como KIKS (Kids Inspiring Kids for STEAM) (programa Erasmus +), STEMFORYOUTH (programa Horizon 2020) e Matemáticas EDULARP (programa Erasmus +). Liñas actuais de investigación: Ensino e aprendizaxe das matemáticas en estudantes en risco de exclusión; Visualización e razoamento espacial; Educación STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas).

PABLO GONZÁLEZ SEQUEIROS 

Profesor Contratado Doutor da Área de Didáctica da Matemática na Facultade de Formación do Profesorado (USC, Campus de Lugo). Doutor en Matemáticas pola USC, os seus intereses matemáticos centráronse nas foliacións e os sistemas dinámicos, e o estudo da dinámica evolutiva de redes complexas. No campo da Educación Matemática, os seus traballos enmárcanse dentro da Educación Matemática Infantil e a formación do profesorado. Actualmente é co-IP, xunto con Teresa F. Blanco, do proxecto CONOCIMIENTOS Y COMPETENCIAS DIDÁCTICO-MATEMÁTICAS PARA UNA EDUCACIÓN INCLUSIVA: PRÁCTICAS DE ENSEÑANZA PARA DESARROLLAR EL DOMINIO AFECTIVO – E GENERACIÓN DE CONOCIMIENTO 2021 – Proyectos investigación orientada (PID2021-122326OB-I00) que se enfoca no deseño de programas formativos que melloren os afectos cara ás matemáticas do futuro profesorado de educación infantil e primaria.

CRISTINA NÚÑEZ GARCÍA 

Profesora Contratada Doutora da área de Didáctica da Matemática na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada en Matemáticas. Doutora en métodos matemáticos e simulación numérica en enxeñaría e ciencias aplicadas (USC, 2013). No campo de matemática aplicada, a miña investigación virou ao redor do modelado e a simulación numérica para describir o comportamento de compostos tensioactivos en disolucións acuosas. Na didáctica da matemática, a nivel investigador, o meu interese está centrado no estudo do estímulo matemático en estudantes en risco de exclusión social. 

ANA BELÉN RODRÍGUEZ RAPOSO

Licenciada en Matemáticas no ano 2001 na Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Matemáticas no ano 2007 na Universidade de Santiago de Compostela. Profesora Contratada Doutora na Facultade de Ciencias da Educación na área de Didáctica da Matemática. Autora de artigos de investigación en Matemáticas centrados nas álxebras de Hopf e a teoría de categorías.
Participo con regularidade a congresos e encontros de Educación Matemática e recentemente estou comezando a estudar a fenda de xénero nas STEM, especialmente na investigación matemática, e nas posibles solucións que se poden dar dende o ámbito educativo.

SANDRA GAVINO FERNÁNDEZ 

Son profesora do Departamento de Matemáticas no IES Elisa y Luis Villamil de Vegadeo (Principado de Asturias), doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese «The geometry of Lorentzian Ricci solitons» (2012) dirixida por Miguel Brozos Vázquez e Eduardo García Río.

MARÍA SALGADO SOMOZA 

Mestra de Educación Infantil en CEIP Plurilingüe de Sigüeiro (Oroso). Profesora Contratada Doutora de Didáctica da Matemática na Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela. Diplomada en Educación Musical. Licenciada en Matemáticas. Doutora en Didáctica da Matemática. Liñas de investigación: Educación matemática infantil e resolución de problemas.

DOLORES RODRÍGUEZ VIVERO 

Profesora Contratada Doutora da Área de Didáctica da Matemática na Facultade de Formación do Profesorado (USC, Lugo). Licenciada en Matemáticas (USC). Doutora en Matemáticas (USC). As súas liñas de investigación en Análise Matemático son as ecuacións dinámicas en conxuntos pechados arbitrarios de números reais. En Didáctica da Matemática está interesada tanto no Ensino e Aprendizaxe da Matemática e a súa interdicisciplinariedade con outras ramas do saber como na formación de profesorado.

ALEJANDRO GORGAL ROMARÍS 

Mestre de Pedagoxía Terapéutica para a Conselleria de Educación. Graduado en Mestre de Educación Primaria (USC, 2014) e cun Máster en Investigación en Educación e Desenvolvemento Comunitario (USC, 2016) está a realizar na actualidade a súa Tese de doutoramento ligada o proceso de ensino-aprendizaxe das matemáticas do alumnado en risco de exclusión social, o estimulo matemático e as STEAM.

GONZALO CASTIÑEIRA VEIGA 

Profesor Axudante Doutor na área de Didáctica da Matemática na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Licenciado en Matemáticas coa especialidade en Matemática Aplicada en 2012. Doutor en Matemáticas a través do programa de Doutorado de Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas pola USC  en 2018. A miña investigación na área de matemática aplicada baséase na obtención e xustificación de modelos matemáticos para láminas viscoelásticas e fluídos viscosos no interior de tubos con paredes en movemento mediante o método asintótico, con posibles aplicacións en diferentes ámbitos como a industria, a enxeñaría ou a biomedicina. Na didáctica matemática o meu interese enmárcase na Educación Matemática en Primaria, Secundaria e Bacharelato.

CRISTINA LOIS PRADOS 

Profesora Axudante Doutora da Área de Didáctica da Matemática na Facultade de Formación do Profesorado (USC, Campus de Lugo). Durante os meus estudos do Doutoramento en Matemáticas realizados no período 2017 – 2021 na USC traballei en dúas temáticas dentro da rama da Análise Matemática: a xeneralización e aplicación de teoremas de punto fixo de tipo Krasnosel’skii e o estudo cualitativo de sistemas dinámicos discretos unidimensionais. Actualmente, debido á miña incursión laboral nunha nova área, tamén estou interesada no desenvolvemento de actividades proafectivas que axuden a promover o sentido matemático, en particular, incorporando o uso de novas tecnoloxías como a robótica, a impresión 3D ou a realidade aumentada/virtual.

ANTÍA FERNÁNDEZ LÓPEZ 

Estudante do Programa de Doutoramento en Educación contratada pola Universidad de Santiago de Compostela como Investigadora Predoutoral en Formación para a realización das funcións “Formación tecnolóxica no futuro profesorado de Educación Primaria a través da robótica, a impresión 3D e a Realidade Aumentada. Enfoque STEAM e aproximación ontosemiótica” en relación coa actividade de investigación “Axudas de apoio a etapa Predoutoral convocatorio 2022”. Graduada como Mestra de Educación Primaria con Mención en Atención á diversidade. No curso académico 2021/2022 realiza o Máster universitario en Investigación e Innovación en didácticas específicas para Educación Infantil e Primaria que concilia cunha Beca de Colaboración en Departamentos universitarios. Posteriorimente, no curso académico 2023/2024 realiza o Máster universitario en Robótica Educativa, Programación e Deseño e Impresión 3D para Docentes mentres da comezo a súa tese doutoral. Nos últimos anos estivo involucrada en diferentes investigacións relacionadas coa inclusión da robótica, o modelado 3D e a Realidade Aumentada nos procesos de ensinanza-aprendizaxe da xeometría. Nestes estudos, implementados tanto en Educación Primaria como Educación Secundaria e Educación Superior, ponse o foco na dimensión afectiva.